Inauguración  14 Festival

A inauguración tendrá lugar o xoves 26 de abril a partir

  das 21h no  Multiúsos da Xunqueira.

.

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

 

Monti Castiñeiras

Castiñeiras é un actor de extensa traxectoria profesional. Traballou en cinema, teatro, televisión e publicidade . Gran parte da súa carreira desenvolveuse en Galicia , onde traballou tanto en curtametraxes coma en longametraxes , amais de en diversas series emitidas pola TVG desde finais da década dos 90, ben con personaxes fixos ou a modo de colaboracións.

Tamén se lle viu en aparicións capitulares dalgunhas series de éxito a nivel estatal como Un paso adelante ou El comisario, entre outras, ademais do seu papel fixo na telenovela Géminis, venganza de amor.

No cine traballou en dúas ocasións ás ordes de Antonio Mercero, e no teatro foi autor e produtor, ademais de protagonista, dun dos seus últimos espectáculos, Borracheira de paixón.

É tamén actor de dobraxe, e dedícase a iso dende a década dos 90, aínda que hoxe en día segue en activo dobrando en galego series e filmes.

Actualmente está a protagonizar dúas series de moito éxito encarnando os papeis de Santos en Serramoura e Colombo en Fariña.

Mabel Rivera

Cunha extensísima experiencia sobre os escenarios, a ferrolá Mabel Rivera constitúe un dos nomes de referencia do teatro galego, no que se iniciou no teatro amador dos anos 70 ata que en 1984 se incorpora a un dos primeiros elencos do Centro Dramático Galego xa como actriz profesional.

O seu paso á pequena pantalla traeríalle a popularidade en Galicia cunha das comedias de maior éxito da TVG, Pratos combinados (1995). Pero o recoñecemento estatal e internacional viríalle a través do cinema e a oscarizada Mar adentro, por cuxo papel acadaría os premios Goya, Sant Jordi e unha longa listaxe de nominacións e recoñecementos. Seguiría unha extensa serie de colaboracións no cinema con directores galegos como Antón Reixa, Alber Ponte ou Jorge Algora, e doutros lugares do estado como o xa mencionado Alejandro Amenábar, Icíar Bollaín, Juan Antonio Bayona, Laura Mañá; ou mesmo foráneos, como Milos Forman. Traballos coma estes ou películas para televisión acadáronlle outros galardóns como tres Mestre Mateos. A súa carreira profesional abrangue outras áreas como presentadora, tradutora, axudante de dirección ou actriz de dobraxe.

Nos últimos anos participa en curtametraxes como Anacos, de Xacio Baño (2010); Dantzariak, de Axier Salazar (2015), e o máis recente Ato San Nen, de Pedro Collantes (2017).

 

Andrés Giráldez

Andrés Giráldez entra a formar parte o mundo do teatro e da interpretación co grupo de títeres ” Tanxarina”, co tempo comeza a chegarlle a popularidade en series como ” Serramoura” ou ” Viradeira” ámbalas dúas en emisión hoxe en día.

 

 

 

Inauguración  musical a cargo  de

       Pilmart

PILMART

 

Un xeito propio de interpretar, de improvisar, de concebir a música caracteriza a ésta vocalista de longa traxectoria profesional, Rioxana de nacemento e Galega de adopción, Pilar Martínez é tamén directora musical e arranxos do coro SON ELAS, toda unha aventura creativa que muta e medra día a día.
Acompanada polo versátil pianista Javier Constenla, interpretarán pezas moi representativas do repertorio de Jazz no cine e viceversa, composicións que grazas a gran pantalla, fixéronse xá clásicos no mundo do Jazz internacional.