Películas na Sección Oficial

Películas na Sección Curtísimas

Películas na Sección Cine Galego

Películas na Sección Andaina

Sección Oficial

A Sección oficial do Redondela en Curto 2018 estará integrada por un total de 16 curtametraxes, previamente seleccionadas polo xurado designado pola organización do Festival.

Os 16 filmes serán repartidos en 4 grandes bloques de 4 filmes cada un, de maneira que cada pase teña unha duración aproximada dunha hora. Así mesmo, ao longo de cada xornada do Festival, os diferentes bloques se programarán de tal xeito que o público teña a posibilidade de visionar todas as curtametraxes presentadas a concurso.

A proxección destas curtas se levará a cabo no auditorio do Multiusos da Xunqueira

Sección Cine Galego

A Sección Cine Galego de Redondela en Curto 2018 recollerá aquelas curtametraxes que, non resultando ser escollidas para formar parte da Sección oficial do Festival sexan de orixe galega; co obxectivo de promover, promocionar e premiar ao audiovisual galego. A confección desta sección dependerá do número de curtametraxes recibidas que cumpran estas características. O público asistente poderá votar cal é o seu filme preferido dentro deste epígrafe.

Sección Curtísimas

A Sección Curtísimas do Redondela en Curto 2018, pola súa banda, recollerá aquelas curtametraxes que, non tendo a duración mínima para formar parte da Sección oficial do Festival, poderían ser de interese para o público. Nesta sección os asistentes tamén terán a posibilidade de escoller o seu filme preferido.

Sección Andaina

Na Sección Andaina poderán concorrer todos aqueles filmes de pequeno formato con temática relacionada coa diversidade funcional. Como en anteriores edicións do Festival, se levará a cabo a súa proxección nun bloque específico incluído dentro da programación oficial do Redondela en Curto. Por outra banda, durante os días 23 ao 27, coincidindo con período lectivo, se realizarán diferentes proxeccións dirixidas a escolares de Redondela, Chapela e Arcade. Os alumnos terán a posibilidade de escoller o seu filme favorito coas súas votacións.

Síguenos en redes sociais