Redondela en Curto

do 23 ó 29 de Abril

Redondela en Curto é  un festival nacional de curtametraxes que se celebra  na  localidade pontevedresa de Redondela, este ano 2018 celebraráse  a  14ª  edición.

+ Info Redondela en Curto INAUGURACIÓN

Comezo do Redondela en Curto

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

 

          

         Redondela en Curto

 

O festival de curtametraxes Redondela en Curto é unha das citas imprescindibles no mundo do cinema a nível nacional. Cada ano recibimos ao redor de 800 películas a concurso, o que confirma o enorme impacto da convocatoria do noso evento. Podemos dicir que, a día de hoxe é un dos festivais máis consolidados do país, dado o seu compromiso co mundo das curtametraxes.

Redondela en Curto está integrado por varias seccións. Na Sección Oficial compiten 16 obras audiovisuais, previamente seleccionadas por un xurado designado pola organización. Durante os catro días de duración do festival, as películas son proxectadas en catro pases diferentes, de maneira que os espectadores poidan ter acceso a todas as películas seleccionadas e votar aquela que consideren merecedora do premio do público. Por outra banda, un equipo de profesionais designados pola organización do evento é o encargado de outorgar o premio do xurado.

O noso Festival caracterízase polo seu compromiso co panorama audiovisual do momento en España, pero nunca sen esquecer o cine realizado en Galicia. De aí que, desde fai uns anos, se apostase por crear unha sección adicada exclusivamente ao audiovisual galego, ‘Cine Galego’, có obxectivo de que en todas as edicións do Festival, Galicia sempre teña presencia e así impulsar as producións de curtametraxes na nosa comunidade.

Cada ano, Redondela en Curto recibe un número considerable de películas a concurso cunha duración inferior a catro minutos (duración mínima para participar na Sección Oficial). Tras a numerosa recepción de películas destas características, Redondela en Curto ideou a sección “Curtísimas”: este apartado amosa as mellores películas presentadas a concurso cunha duración inferior a catro minutos .

Por último, é necesario facer mención a unha das apostas máis significativas de Redondela en Curto: a Sección “ Cine no Ensino”. Nela colabora a Asociación ANDAINA ( Asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais) e proxectamos películas dirixidas ao alumnado do concello de Redondela e arredores coa intención de sensibilizar aos máis novos sobre estas temáticas.

Tras o éxito acadado na sección ” Cine no Ensino” o Festival decidiu crear unha nova sección a concurso ” Sección Andaina ” onde, fora do ámbito da educación, proxectaránse unha serie de películas escollidas polo xurado de Redondela en Curto sempre relacionadas coas temáticas de necesidades especiais .

 

 

Acompáñanos nesta 14ª edición